Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se demanda á Xunta para que, en colaboración coa Fegamp, fomente a constitución de parques públicos de vivenda en alugueiro social nos concellos de menos de 20.000 habitantes; e se manifesta o apoio do Parlamento galego á proposición de lei orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal rexistrada polo PP no Congreso. Así mesmo, a Xunta de Portavoces acordou a celebración dun Pleno extraordinario para a elección dos senadores en representación da Comunidade galega, fixando de prazo ata o vindeiro venres, 21 de xuño, para o rexistro de candidatos por parte do Grupo Popular e En Marea.
O Parlamento demanda ao Goberno central que teña en conta as demandas do sector pesqueiro galego para a mellora dos intercambios de cota
Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que teña en conta os aspectos formulados polo sector pesqueiro galego para a mellora da regulación dos intercambios de cota, de forma que permitan un mellor aproveitamento das posibilidades de pesca ao tempo que non se prexudique ao sector de artes menores.
O Parlamento traslada ao Goberno central e á Comisión Europea o quebranto que suporá para a frota galega a inclusión do marraxo como especie protexida
Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a poñer en coñecemento do Goberno central e da Comisión Europea o quebranto que supón para a frota galega o feito de que se inclúa ao marraxo entre as novas especies coas que se busca reforzar a protección e conservación de especies migratorias.
O PPdeG insiste no Parlamento que a Xunta “cumprirá estritamente a lexislación para a posible autorización da reapertura da mina de Touro”
Santiago, 18 de xuño de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Parlamento que “a Xunta de Galicia cumprirá estritamente a lexislación vixente, aprobada polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas, para a posible autorización da reapertura da mina de Touro”.