O Parlamento galego solicita a creación dun observatorio dentro da futura lei reguladora dos xogos

Santiago, 9 de outubro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, dentro da futura lei reguladora dos xogos de Galicia, cree un Observatorio Galego de Xogos, que elabore un protocolo de menores en materia de xogo, así como un informe anual sobre a situación deste sector na Comunidade galega.

Seguir leyendo

O PPdeG solicita a convocatoria en 2020 de todas as prazas MIR acreditadas polo Ministerio de Sanidade en medicina familiar, pediatría e enfermería

Santiago, 9 de outubro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, solicitou hoxe que a Xunta convoque no ano 2020 o volume total de prazas MIR acreditadas polo Ministerio de Sanidade e que conten con titor, nas especialidades de medicina familiar e comunitaria, pediatría e enfermería familiar e comunitaria.

Seguir leyendo

O PPdeG asegura que a prioridade da Xunta con Vulcano é velar pola continuidade da actividade industrial e os dereitos dos traballadores

 

Santiago, 9 de outubro de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, asegurou hoxe no Parlamento que “o compromiso da Xunta co sector naval é indiscutible e no caso concreto de Vulcano ten demostrado con feitos que a súa prioridade é velar tanto pola continuidade da actividade industrial como polos dereitos dos traballadores”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central accións para garantir o mantemento de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 9 de outubro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que realice todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao, así como garantir un marco enerxético estable e competitivo, aprobando, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas, no que se incorporen as alegacións presentadas en conxunto pola Xunta de Galicia e as compañías galegas.

Seguir leyendo