18, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que “desde que Feijóo é presidente da Xunta lévalle aforrado aos galegos arredor de 1.500 millóns de euros en impostos, que se mantiveron así nos petos dos traballadores e das familias desta Comunidade”.
O PPdeG demanda limitar o reparto e difusión nos colexios de publicacións que cuestionen a igualdade, liberdade, respecto e non discriminación
Santiago, 18 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta limite o reparto e difusión nos centros educativos de Galicia de calquera publicación sen contido pedagóxico incluído nos currículos e, nomeadamente, aqueles que supoñan un cuestionamento das políticas de igualdade, liberdade, respecto e non discriminación.
O PPdeG asegura que os parques eólicos de Serra das Penas e de Paradela compren a lexislación vixente
Santiago, 17 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira asegurou hoxe no Parlamento galego que os parques eólicos de Serra das Penas e de Paradela “compren coa lexislación vixente e foron autorizados hai 12 anos polo Goberno bipartito logo da tramitación administrativa necesaria para proceder á súa construción”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a eliminación da peaxe de Redondela na AP-9 e a execución das obras compensatorias
Santiago, 17 de outubro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central a eliminación inmediata da peaxe de Redondela na AP-9, dando cumprimento ao acordo unánime tomado polo pleno deste Parlamento e ao compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy, así como a execución das obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Redondela.