O PPdeG demanda limitar o reparto e difusión nos colexios de publicacións que cuestionen a igualdade, liberdade, respecto e non discriminación

Santiago, 18 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta limite o reparto e difusión nos centros educativos de Galicia de calquera publicación sen contido pedagóxico incluído nos currículos e, nomeadamente, aqueles que supoñan un cuestionamento das políticas  de igualdade, liberdade, respecto e non discriminación.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a eliminación da peaxe de Redondela na AP-9 e a execución das obras compensatorias

Santiago, 17 de outubro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central a eliminación inmediata da peaxe de Redondela na AP-9, dando cumprimento ao acordo unánime tomado polo pleno deste Parlamento e ao compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy, así como a execución das obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Redondela.

Seguir leyendo