Santiago, 22 de outubro de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou este martes no Parlamento que o modelo económico que defenden os grupos de esquerdas sexa “o peche de empresas” e lembrou casos como o das centrais térmicas, a factoría de ENCE ou Reganosa. “Neste Parlamento só defendemos aos traballadores os que avogamos polo mantemento dos postos de traballo”, incidiu.
O Grupo Popular avoga por rematar nesta lexislatura os traballos das comisións non permanentes de discapacidade e de igualdade e dereitos das mulleres
Santiago, 22 de outubro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, avogou hoxe por rematar nesta lexislatura os traballos das comisións non permanentes sobre as políticas relativas á discapacidade e para a igualdade e os dereitos das mulleres, deixando para a vindeira lexislatura “unha revisión das comisións permanentes no Parlamento galego para adaptalas aos distintos departamentos da Xunta de Galicia”.
O PPdeG asegura que o anteproxecto de Lei dos xogos da Xunta “é moito máis completo” que o defendido polo Grupo Común de Esquerdas
Santiago, 22 de outubro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que o anteproxecto de Lei reguladora dos xogos no que está traballando a Xunta “é moito máis completo que o defendido polo Grupo Común de Esquerdas, xa que recolle moitas das súas medidas, ademais de incorporar as alegacións dos colectivos que participaron no trámite de información pública”.
O Grupo Popular afirma que a nova Lei de aproveitamento das augas termais suporá novas garantías para o sector, os espazos termais e os usuarios
Santiago, 22 de outubro de 2019.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, afirmou hoxe que a nova lei que regula o aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, que continuará a súa tramitación no Parlamento galego logo de superar o seu debate de totalidade, suporá “novas garantías para o sector, para os espazos termais, para impulsar novas pozas termais e para os usuarios”.
O PPdeG considera “inviable” un ente público que xestione as centrais hidroelécticas de Galicia-Costa
Santiago, 22 de outubro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “sería inviable un ente público que xestionara as centrais hidroeléctricas da demarcación Galicia Costa, cunha produción total de 520 megavatios”. “A Xunta, de acordo coa lei vixente e baseándose en estudos técnicos elaborados ao efecto, promoverá esta xestión desde a perspectiva do interese xeral, de forma que estes aproveitamentos sexan un activo económico para a Comunidade galega”, indicou.