Santiago, 6 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular na que insta ao Goberno do Estado para que dote a Navantia-Ferrol de carga de traballo a través da construción dun novo buque loxístico (AOR), como o que está ultimando para a Armada australiana, e reprograme o plan de traballo das cinco fragatas F-110 encargadas pola Armada española para adiantar o comezo do corte de chapa.
O Parlamento galego insta ao Concello de Vigo a que colabore e autorice a sinalización do Camiño Portugués ao seu paso por este municipio
Santiago, 6 de novembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a que se dirixa novamente ao Concello de Vigo para establecer unha canle de diálogo que permita a colaboración e autorización precisa para realizar a sinalización do Camiño Portugués da Costa neste termo municipal e así evitar prexudicar aos peregrinos que fagan o percorrido.
Feijóo pide unir o voto no PP para que haxa Goberno e xestión ante un Sánchez cada vez máis parecido a Zapatero no económico
6, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu en Lugo unir o voto no Partido Popular para que haxa Goberno, xestión e compromiso con Galicia ante un Pedro Sánchez cada vez máis parecido a Zapatero no ámbito económico. Así, avogou por evitar que a España que vén despois do próximo domingo se converta naquela España da crise e da recesión.