Santiago, 30 de decembro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Parlamento que “Galicia non merece o trato que lle está dando o actual Goberno socialista”. “Non hai unha boa noticia por parte do Goberno de Pedro Sánchez para a nosa Comunidade autónoma, que neste final de ano acumula, un tras outro, anuncios que prexudican notablemente aos galegos: ao anunciado peche da central de As Pontes, súmase o peche da venta de billetes nas estacións de ferrocarril, a falta dun estatuto para as empresas electrointensivas, a suba da peaxe na AP-9 ou a conxelación das pensións e da suba do salario aos funcionarios”, criticou.
O Grupo Popular propón un prazo de dous meses para elaborar o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero
Santiago, 30 de decembro de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, propuxo hoxe “un prazo de dous meses, contados desde o inicio do vindeiro período de sesións, para elaborar o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero”, un documento cuxo “esqueleto” será o ditame da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e para os dereitos das mulleres, que se debaterá para a súa aprobación no primeiro Pleno do vindeiro ano.
O Parlamento galego demanda que se adecúe ou elimine a norma que obriga ao rexistro horario da xornada a bordo dos buques pesqueiros
Santiago, 20 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que adecúe ou mesmo elimine, tendo en conta as peculiaridades laborais do sector marítimo-pesqueiro, a norma que obriga ao rexistro diario da xornada a bordo dos buques pesqueiros en base á posible inviabilidade de aplicación.
A Comisión de Igualdade e os dereitos das mulleres aproba o seu ditame, primeiro paso para elaborar o Pacto Galego contra a Violencia de Xénero
Santiago, 20 de decembro de 2019.- A Comisión de non permanente de estudo para a Igualdade e para os dereitos das mulleres aprobou hoxe o seu ditame, logo da comparecencia de máis de 80 persoas e a análise de cerca de 30 informes, “con propostas que son o primeiro paso para a elaboración do Pacto Galego contra a Violencia de Xénero”, manifestou a portavoz popular nesta materia, Marián García Míguez.