Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que modifique o Real Decreto de Ordenación Pesqueira de xeito que se considere a posibilidade de poder rexistrar e empregar como auxiliares de 4ª lista os buques que se utilizan para o marisqueo ou a extracción de recursos específicos coma o percebe, algas, ourizos, a similitude dos buques auxiliares de coral, empregados de facto para achegar aos pescadores alí onde se encontra o recurso.
O Parlamento galego pide ao Goberno central que habilite nos portos de Celeiro, Burela e Ribeira inspeccións de produtos de orixe animal
Santiago, 17 de xaneiro de 2020.– O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que solicita ao Goberno central, ante a próxima saída do Reino Unido da Unión Europea, que habilite e autorice aos portos de Celeiro, Burela e Ribeira para levar a cabo inspeccións en fronteira de produtos de orixe animal, ben sexa habilitando un PIF específico ou como centro asociado ao da Coruña.
O Parlamento demanda que Xunta e Concello colaboren para a cesión do uso da loxa vella de Camariñas, unha vez sexa solicitado pola entidade local
Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella, unha vez que a entidade local faga a solicitude preceptiva.
Tellado cre que a UE acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE á Comunidade
17, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cre que a Unión Europea acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE a Galicia, xa que grazas a UE coñeceuse que hai tramos que non van estar operativos ata 2022 e “con sorte”. “Nin Pedro Sánchez, nin o ministro de Fomento, nin a presidenta de ADIF, nin o delegado do Goberno en Galicia foron quen de ter a valentía de dicirlle á cara aos galegos a verdade», incidiu.