Santiago, 31 de xaneiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero salientou hoxe que o Consello de Contas verifica, nos informes de fiscalización da Conta Xeral da Administración galega correspondente a 2017, que “a Xunta xestionou dun xeito fiable, veraz e responsable, cumprindo coa lexislación vixente”.
Tellado: “Se o Goberno non ten os 200 millóns de euros do IVE dos galegos ten que aclarar en que os gastou”
31, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que é un insulto á intelixencia que a ministra de Hacienda diga que o diñeiro do IVE que debe a Galicia “non existe”, xa que son 200 millóns xa recadados. “Se o Goberno xa non os ten, debe aclarar en que gastou un diñeiro que era para a sanidade, a educación e os servizo sociais de todos os galegos”, engadiu.