Santiago, 5 de febreiro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co único voto favorable do Partido Popular, a reclamación ao Goberno central para que cumpra as 25 demandas prioritarias fixadas no documento de Axenda Galicia aprobado polo Consello da Xunta o pasado 31 de outubro.
O Grupo Popular solicita que se incrementen o número de prazas de axentes da Policía Nacional para atender a perda de efectivos en Galicia
Santiago, 5 febreiro 2020.- O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa na que solicita ao Goberno do Estado que se contemple, nas próximas convocatorias de prazas e concurso de méritos, a adscrición dun número de prazas suficiente de axentes da Policía Nacional, non inferior a 256, para atender as graves carencias de persoal que sofre Galicia.
O Parlamento galego reclama ao Goberno central que garanta a venda de billetes presencial en distintas estacións ferroviarias galegas
Santiago, 5 de febreiro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reclama ao Goberno de España que rectifique a decisión de deixar sen servizo de venda presencial de billetes as estacións ferroviarias de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela, tomando as medidas oportunas para garantir o mantemento deste servizo nas estacións afectadas.
O Grupo Popular asegura que a Xunta aposta pola creación do Museo da Romanización de Lugo
Santiago, 5 de febreiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo garantiu hoxe no Parlamento que “a Xunta aposta pola creación do Museo da Romanización de Lugo, un museo en rede para poñer en valor o legado do seu rico patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, e que permitirá recuperar, ademais, unha infraestrutura infrautilizada, como o Museo Interactivo da Historia de Lugo, que podería funcionar integrado coa área musealizada e vincularse a outros elementos da pegada romana como Santa Eulalia de Bóveda ou a Domus de Mitreo”.