Feijóo destaca que Lugo está mellor equipada e ten uns servizos públicos máis sólidos e potentes que hai 11 anos

10, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou o esforzo inversor do Goberno galego en Lugo, grazas ao cal a capital lucense “está mellor equipada” e ten hoxe un servizos públicos máis sólidos e potentes que hai unha década. Tal e como puxo de manifesto, a Xunta “estivo construíndo a cidade de Lugo nos últimos 11 anos”, ao tempo que destacou que esta provincia “foi, é e seguirá sendo” onde máis inviste a Administración autonómica por habitante.

Seguir leyendo

Feijóo: “Nunca investimos tanto en política social como nun 2020 no que destinamos un 85% do total dos fondos públicos”

10, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por seguir afondando e perfeccionando a Galicia familiar na vindeira década, para o que anunciou que os populares seguiremos respondendo ao que nos piden os fogares para a conciliación ou para facilitar a plena inclusión das persoas con discapacidade. Tamén para impulsar novas oportunidades ás familias desfavorecidas, avanzando na posta en marcha de novos centros sanitarios e promovendo o envellecemento activo con todos os apoios necesarios.

Seguir leyendo