Santiago, 24 de setembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se solicita á Xunta a elaboración dun protocolo de actuacións para dar solucións efectivas aos casos de aparición de coronavirus en explotacións agrícolas e gandeiras.
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a aprobación inmediata da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico
Santiago, 24 de setembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co voto en contra de socialistas e a abstención do BNG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a reactivación dos traballos para lograr a aprobación inmediata do documento final da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico. “O Goberno de Pedro Sánchez esqueceuse desta estratexia, sendo unha mostra máis da súa total desatención cara as políticas demográficas, cando non se pode permitir perder máis tempo nesta materia”, lamentou a deputada popular Raquel Arias.
O Parlamento demanda a creación dunha Fundación de Investigación Agraria Aplicada de Galicia
Santiago, 24 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta de Galicia a creación dunha Fundación de Investigación Agraria Aplicada de Galicia, sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e nos centros de investigación da Consellería do Medio Rural.