O PPdeG salienta que a Xunta xa está a traballar no estudo para a solución do problema do marisqueo na Pobra

Santiago, 16 de outubro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento salientou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia está a traballar no estudo para a solución do problema do marisqueo na Pobra do Caramiñal, que prevé a posible remodelación do acceso ao peirao comercial e ampliación do atraque no porto desta localidade. Esta obra comprendería a substitución parcial do acceso actual por unha solución permeable ás correntes, estudando as diferentes alternativas de solucións construtivas, así como o estudo da ampliación do atraque comercial cara ao interior do porto.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide que se inicie de inmediato un proceso de recuperación da produción marisqueira na ría de Ferrol

Santiago, 16 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se solicita aos gobernos central e autonómico que inicien de inmediato un verdadeiro proceso de recuperación da produción marisqueira na ría de Ferrol, en colaboración coas confrarías da zona, os técnicos da Consellaría do Mar e a estación de bioloxía mariña da Graña, ao que se acompañarán medidas de protección económica e social das mariscadoras e mariscadores pactadas co sector.

Seguir leyendo