Santiago, 23 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega salientou hoxe no Parlamento que a Xunta destinará 24 millóns de euros para axudas ao sector da carne de vacún, de plantas ornamentais e para a compra de uva de vinificación.
O Grupo Popular cuestiona se o Goberno central non pensa cumprir o mandato parlamentario respecto á intervención temporal de Alcoa
Santiago, 23 de outubro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, acusou hoxe no Parlamento aos socialistas galegos de “pretender lavarse a cara con manobras de distracción e botar balóns fóra” pedindo agora un plan de reconstrución para A Mariña lucense. Neste sentido, cuestionou se “o Goberno de Pedro Sánchez non pensa cumprir o mandato tanto do Congreso como do Parlamento galego para intervir temporalmente a factoría de Alcoa en San Cibrao”, porque afirmou que “os nosos esforzos neste momento deben centrarse no mantemento da empresa e os postos de traballo”.
Tellado insiste na necesidade dun buque-ponte para os estaleiros de Ferrol ata que non comece a construción das fragatas F-110
Santiago, 23 de outubro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, insistiu esta mañá no Parlamento galego na demanda ao Goberno central da construción dun buque-ponte para os estaleiros da ría de Ferrol para dar carga de traballo mentres non se comece a construción das fragatas F-110. Neste sentido, criticou que “o Goberno de Pedro Sánchez aproveitara o verán para anunciar a construción nos estaleiros de Navantia en Puerto Real dun BAM para a Armada Española, algo que viñamos reclamando desde Galicia hai moitos meses”.
O PPdeG salienta que a Xunta destina máis de 6,3 millóns de euros para a prevención de incendios forestais por parte das comunidades de montes
Santiago, 23 de outubro de 2020.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, salientou hoxe a flexibilidade e simplificación facilitada pola Xunta de Galicia para a solicitude das axudas ás comunidades de montes dirixidas á prevención dos incendios forestais, que entre os anos 2020 e 2021 chegan a 6.380.000 euros.