A modificación da Lei de saúde de Galicia impulsada polo Grupo Popular inicia a súa tramitación parlamentaria no Pleno da vindeira semana

Santiago, 1 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia iniciará a vindeira semana, co seu debate de totalidade en Pleno, a tramitación da proposición de lei rexistrada polo Grupo Popular de modificación da Lei de saúde de Galicia, coa que se facilitan as intervencións sanitarias nos casos de pandemia, se poñen límites e garantías a estas actuacións, e se definen as condutas que serán obxecto de infracción en situacións de crise sanitaria.

Seguir leyendo

A modificación da Lei de saúde de Galicia impulsada polo Grupo Popular inicia a súa tramitación parlamentaria no Pleno da vindeira semana

Santiago, 1 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia iniciará a vindeira semana, co seu debate de totalidade en Pleno, a tramitación da proposición de lei rexistrada polo Grupo Popular de modificación da Lei de saúde de Galicia, coa que se facilitan as intervencións sanitarias nos casos de pandemia, se poñen límites e garantías a estas actuacións, e se definen as condutas que serán obxecto de infracción en situacións de crise sanitaria. Así mesmo, o Grupo Popular demandará na sesión plenaria da vindeira semana que o Goberno central transfira a Galicia a xestión do ingreso mínimo vital e que presente os proxectos, co financiamento previsto e necesario, para o taller de subbloques e a transformación do Estaleiro 4.0 na ría de Ferrol.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, salientou o “marcado carácter lexislativo” da sesión plenaria da vindeira semana, na que, ademais da proposición de lei de modificación da Lei de saúde, tamén se debaterá a totalidade de dous novos proxectos de Lei: o de museos e outros centros museísticos de Galicia; e o de residuos e solos contaminados.

Seguir leyendo