Santiago, 9 de decembro de 2020.- A portavoz de Cultura do Grupo Popular, Teresa Egerique, afirmou hoxe no Pleno que “o mellor xeito de apoiar aos nosos sectores culturais e creativos é a través de axudas que incentiven a actividade” e por iso “Galicia foi a primeira comunidade autónoma de España en poñer en marcha un plan de reactivación da cultura galega, dotado con 26,4 millóns de euros, do que xa están executadas arredor do 95 por cento e que ata final de ano realizará 4.500 accións directas”, salientou.
O Grupo Popular critica que BNG e PSOE “pidan agora axudas para a hostalería e os autónomos cando xa están a piques de ingresalas”
Santiago, 9 de decembro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou no Parlamento que os grupos da oposición “veñan hoxe pedindo axudas para o sector da hostalería e os autónomos cando os beneficiarios xa están a piques de ingresalas no seu peto”.
O PPdeG salienta que, no momento que máis o necesita, Galicia contará con máis fondos que nunca para atender ás persoas que máis o necesitan
Santiago, 9 de decembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que, “no momento que máis se necesita, Galicia contará con máis fondos que nunca para apoiar ás persoas e colectivos que están a afrontar a cara máis dura da peor situación que recordamos”.
O PPdeG afirma que a modificación da Lei de saúde dará certezas legais a administrados e administracións na loita contra a pandemia
Santiago, 9 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que a proposición de lei de modificación da Lei de Saúde de Galicia vén “cubrir carencias na lexislación vixente para loitar mellor contra a pandemia sanitaria, unha situación nova e imprevista pola súa duración e pervivencia no tempo”.
O Grupo Popular afirma que a nova lei de residuos será “o pulo necesario cara a recollida selectiva e separada”
Santiago, 9 de decembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que a nova Lei de residuos e solos contaminados será o “pulo necesario cara a recollida selectiva e separada, para aproveitar por completo a vida útil dos residuos, consolidando así o cambio de modelo produtivo que permita avanzar a Galicia cara a economía circular. “É toda unha aposta pola prevención, pola reutilización e pola reciclaxe, en liña co principio da xerarquía na xestión de residuos”, apuntou.
O PPdeG asegura que a nova Lei de Museos regula este sector “mirando ao futuro e potenciando a súa actividade nunha sociedade moderna”
Santiago, 9 de decembro de 2020.- O portavoz de Patrimonio Cultural do Grupo Popular, José Luís Ferro, asegurou hoxe no Pleno, no debate de totalidade do proxecto de Lei de museos, que “Galicia precisaba dunha norma que regulase este sector con flexibilidade e mirando ao futuro, que dotase de seguridade xurídica e potenciase a actividade desenvolvida no eido dos museos e que tivese en conta a dimensión plural da súa función dentro dunha sociedade moderna e democrática”.