
Santiago, 23 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central estableza un protocolo de actuación específico para os casos nos que se dean casos positivos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen aos peiraos galegos, definindo claramente as competencias e funcións de Sanidade Exterior e do Instituto Social da Mariña. “Se existiu unha administración ausente na atención e coidado dos homes e mulleres do mar durante a pandemia foi o Goberno central, unha situación que contrasta co feito pola Xunta, que sempre cumpriu e atendeu todos os casos que se presentaron”, salientou.




