O PPdeG demanda ao Goberno central un protocolo para a atención dos casos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen a Galicia

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central estableza un protocolo de actuación específico para os casos nos que se dean casos positivos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen aos peiraos galegos, definindo claramente as competencias e funcións de Sanidade Exterior e do Instituto Social da Mariña. “Se existiu unha administración ausente na atención e coidado dos homes e mulleres do mar durante a pandemia foi o Goberno central, unha situación que contrasta co feito pola Xunta, que sempre cumpriu e atendeu todos os casos que se presentaron”, salientou.

Continue reading

O Parlamento solicita ao Goberno central que aprobe o estatuto dos consumidores electrointensivos coas alegacións da Xunta e do sector

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que aprobe o estatuto dos consumidores electrointensivos coas alegacións presentadas polo sector e pola Xunta, marcando así a folla de ruta para dispor a medio prazo de medidas similares ás que este tipo de industria goza en Alemaña ou Francia.

Continue reading

O PPdeG afirma que a sentenza sobre o Pazo de Meirás demostra a superioridade moral da democracia e o Estado de Dereito sobre a ditadura

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou no Parlamento galego que a sentenza sobre a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público “é unha vitoria que demostra a superioridade moral da democracia e o Estado de Dereito sobre a ditadura e o valor da unidade para ganar batallas que parecían imposibles”. Deste xeito, avogou por “manter a unidade, porque a división pode favorecer aos recorrentes, algo que non desexamos ningún dos presentes nesta Cámara”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a inclusión dunha partida para o Xacobeo 2021

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención dos socialistas galegos, a través da que se solicita do Goberno de España a inclusión dunha partida orzamentaria, dotada con alomenos 30 millóns de euros, para a promoción do Xacobeo 2021 en Galicia. “Queremos que o vindeiro ano sexa esa gran oportunidade de país, ese catalizador de toda a industria turística e, polo tanto, de todas as cadeas de valor asociadas, e para iso pedimos e necesitamos a colaboración de todas as administracións públicas, e nomeadamente do Goberno de Pedro Sánchez”, sinalou o deputado popular Borja Verea.

Continue reading

O Grupo Popular critica que a oposición “necesite unha escusa para culpar á Xunta do que fará Pedro Sánchez cos fondos europeos”

Santiago, 22 de decembro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, criticou hoxe que os grupos da oposición “necesitan unha escusa para poder culpar á Xunta do que vai facer Pedro Sánchez” no reparto dos fondos europeos Next Generation. Neste sentido, lamentou que os socialistas galegos “xa se atrevan a avanzar que a Galicia lle vai tocar pouco e que o reparto se vai facer de maneira centralizada desde o Gabinete de Sánchez”.

Continue reading