Santiago, 9 de febreiro de 2021.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, salientou hoxe no Parlamento que os socialistas “volven chegar tarde coa súa solicitude dun plan de reactivación cultural, porque a Xunta foi a primeira comunidade en poñer en marcha un plan de axudas para os sectores culturais, dotado con máis de 26 millóns de euros, ao que se engadirá un novo plan neste trimestre de 23 millóns de euros con novas medidas que responden ao contexto cambiante e ás necesidades e demandas dos profesionais”.
O Grupo Popular asegura que Galicia é neste momento a comunidade que máis axudas concedeu á hostalería
Santiago, 9 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Lupe Murillo asegurou hoxe no Parlamento galego que “Galicia é neste momento a comunidade autónoma española que máis axudas concedeu ao sector da hostalería”.
O PPdeG lamenta que “a cerrazón” do PSdeG privara dun acordo no Parlamento para que a Xunta incrementara o persoal de enfermería para a vacinación da Covid-19
Santiago, 9 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo lamentou hoxe que “a cerrazón dos deputados socialistas galegos privaran dun acordo no Pleno do Parlamento solicitando que a Xunta incremente, se é necesario, o persoal de enfermería contratado para a campaña de vacinación contra a Covid-19, facilite información á Cámara sobre o plan de vacinación en Galicia, combater a aplicación indebida de vacinas ou garantir que o reparto de vacinas sexa proporcional á porcentaxe de poboación en cada comunidade autónoma dos grupos prioritarios.
O Grupo Popular salienta o “gran servizo aos galegos” prestado polo modelo galego de atención a maiores e dependentes, pero considera que “debe ser reformado e potenciado”
Santiago, 9 de febreiro de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que o modelo galego de atención integral a maiores e dependentes “prestou un gran servizo aos galegos, pero necesita ser reformado, potenciando o moito que funciona ben e corrixindo as eivas que agromaron no contexto dunha alerta sanitaria mundial”.
O Parlamento galego aproba a primeira Lei de museos e centros museísticos de Galicia
Santiago, 9 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a primeira Lei de museos e outros centros museísticos de Galicia, “unha norma novidosa no ámbito autonómico e pioneira no eido do respecto pola pluralidade, o acceso á cultura e a integración da perspectiva de xénero e emprego das TIC, que pretende outorgar todo o protagonismo que merecen a estes centros tendo en conta a súa cuádrupla dimensión: social, investigadora, pedagóxica e económica”, manifestou o portavoz de Patrimonio Cultural do Grupo Popular, José Luís Ferro.
O Parlamento galego aproba a lei de residuos e solos contaminados, que avanza cara un modelo baseado na economía circular
Santiago, 9 de febreiro de 2021.- “Galicia culmina coa nova Lei de residuos e solos contaminados un novo marco legal completamente adaptado á normativa comunitaria e que avanza cara un cambio de modelo baseado na economía circular e que está chamado a ser o único modelo de futuro posible”, afirmou a deputada popular Marta Nóvoa no debate de aprobación deste texto lexislativo celebrado hoxe no Pleno do Parlamento galego.
Marta González: “Que o Goberno teña nun caixón o 60% das solicitudes do Ingreso Mínimo Vital é unha crueldade”
Lamenta que só 7.210 persoas de 40.370 solicitantes en Galicia percibiron unha renda que tivo máis de propaganda que de realidade