O PPdeG salienta que a execución dos PDR en Galicia é do 70%, por enriba da media europea e española

Santiago, 19 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular, Elena Candia, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que a execución financeira dos programas de desenvolvemento rural (PDR) alcanza o 70 por cento, unha porcentaxe que se sitúa por enriba da media dos europeos e dos españois, “cando o período de execución poderá chegar ata o ano 2025 logo do prórroga de dous anos aprobada pola Comisión Europea”. Por este motivo, apoiou a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a executar o 100 por cento do orzamento dos PDR nos períodos que proceda, co fin de darlle ao rural galego todos os elementos posibles subsistir dignamente e acadar melloras que lle fagan gañar en consideración social.

Seguir leyendo