Santiago, 24 de febreiro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a revisión do Plan Forestal, “un instrumento básico de planificación forestal que busca a eficiencia a través da ordenación e a xestión sustentable dos espazos e recursos forestais”, sinalou a portavoz popular do Medio Rural, Elena Candia. Así mesmo, lamentou que tanto BNG como PSdeG rexeitaran a proposta realizada onte polo conselleiro de regular unha suspensión temporal das novas plantacións de eucalipto naquelas superficies nas que non se tivera plantado ata o momento da suspensión e asegurou que “no PPdeG seguiremos traballando con vostedes ao lado ou de fronte, porque defendemos a convivencia pacífica dos tres usos do rural galego: o forestal, o gandeiro e o agrícola”.
O Parlamento pide ao Goberno central aprobar unha Lei de Igualdade Salarial para rematar coa fenda de xénero entre homes e mulleres
Santiago, 24 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia deu luz verde hoxe por unanimidade á proposición non de Lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular que solicitaba a aprobación dunha Lei de Igualdade Salarial para rematar coa fenda salarial de xénero entre homes e mulleres: “É unha prioridade e pedimos que o Goberno de España a aprobe canto antes e, mentres non o fai, que se incremente a dote de recursos suficientes á inspección laboral co fin de perseguir calquera discriminación que por razón de xénero se produza no ámbito de traballo”.
Puy avoga por achegar posturas para que Galicia defenda o que lle corresponde dos Fondos Europeos para impulsar os cambios que garantan o futuro
Santiago, 24 de febreiro de 2021- O portavoz do Grupo Popular avogou hoxe no Pleno do Parlamento por achegar posturas para que Galicia poida defender “o que lle corresponde en diálogo co Goberno de España e as demais comunidades autónomas, que nos permita a todos aproveitar a solidariedade europea dos Fondos COVID para impulsar os cambios que a economía galega e española terán que realizar no futuro se queren garantir o benestar”.
O PPdeG acusa aos socialistas de “sumisión” a Sánchez e desprezo aos galegos na xestión da AP-9
Santiago, 24 de febreiro de 2021.- “Insólita,inédita e tomadura de pelo”, así cualificou hoxe o portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, Diego Calvo, a iniciativa presentada polo PSdeG na que reclamaban un acordo para agradecer ao Goberno Socialista todo o feito polos galegos con respecto á xestión da AP-9.
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación Económica de Galicia co voto en contra de BNG e PSOE
Santiago, 23 de febreiro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, cos votos a favor do Grupo Popular e coa oposición de nacionalistas e socialistas, a Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación Económica de Galicia.