Santiago, 13 de abril de 2021.- A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que, “mentres o Goberno de España vai e ven, a Xunta ten moi clara a súa política de vivenda: sen intervención no mercado, que só procuraría máis tensións e problemas; e si con medidas que promovan a posta en alugueiro de vivendas, que incrementen o parque público autonómico e municipal, e faciliten o acceso dos cidadáns, en xeral, e dos colectivos máis vulnerables, en particular, á vivenda en alugueiro”.
O Grupo Popular critica que o PSdeG rexeitara no Pleno do Parlamento unha condena contundente de calquera forma de corrupción
Santiago, 13 de abril de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou que o PSdeG rexeitara que o Pleno do Parlamento galego aprobara unha moción a través da que se rexeita con contundencia calquera forma de corrupción.
O Grupo Popular asegura que en Galicia só se autorizan parques eólicos que compren todas as garantías técnicas, medioambientais e xurídicas
Santiago, 13 de abril de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “en Galicia só se autorizan parques eólicos que compren todas as garantías técnicas, medioambientais e xurídicas que establece a lexislación vixente, ademais de ser compatibles co resto de actividades económicas”.
O Grupo Popular apoia incorporar a violencia vicaria como unha forma máis de violencia de xénero
Santiago, 13 de abril de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento galego a toma en consideración da proposición de lei de reforma da Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de xeito que se inclúa a violencia vicaria como unha forma máis de violencia de xénero.