Santiago, 27 de abril de 2021.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Diego Calvo, criticou hoxe a proposta presentada polo PSdeG no Pleno do Parlamento para que a Xunta anule as peaxes das dúas autoestradas da súa titularidade cando o Goberno central de Pedro Sánchez está a pedir que se cobre polo uso das autovías de titularidade estatal, o que suporía máis de mil quilómetros en Galicia, e sigue a subir ano a ano as peaxes da AP-9.
O Grupo Popular asegura que defender a Lei de saúde de Galicia e o autogoberno é a mellor forma de defender a vida e a saúde dos galegos”
Santiago, 27 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Parlamento que o Goberno galego e o PPdeG “imos defender a modificación da Lei de saúde de Galicia e o autogoberno, porque é a mellor forma de defender a vida e a saúde dos galegos”.
O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa nun novo plan integral de loita contra o acoso escolar
Santiago, 27 de abril de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que a Xunta “está traballando para reforzar a loita contra o acoso escolar cun novo plan integral, de xeito que os centros se convertan en espazos de convivencia, reforzando os protocolos de convivencia e as ferramentas de detección de acoso e de seguimento individualizado do alumno”.
O Grupo Popular acusa á oposición de “estar máis polo teatro no Parlamento que pola defensa dos intereses dos galegos”
Santiago, 27 de abril de 2021.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, acusou hoxe no Pleno á oposición de “estar máis preocupados por facer teatro no Parlamento que pola defensa dos intereses dos galegos”.
O Grupo Popular asegura que “Galicia non renunciará a maiores cotas de autogoberno desde a lealdade ás institucións galegas e españolas”
Santiago, 27 de abril de 2021.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “Galicia non renunciará a maiores cotas de autogoberno, exercido desde a lealdade ás institucións galegas e españolas”.