Santiago, 29 de abril de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, subliñou hoxe no Parlamento que “a vontade de transparencia do Goberno galego respecto do impacto da Covid-19 nas residencias de maiores galegas é total, e non ten máis límite que a normativa legal”.
O Parlamento galego insiste na demanda ao Goberno central para que lexisle para actuar contra a Covid-19
Santiago, 29 de abril de 2021.- O Parlamento galego volveu insistir hoxe, a través da aprobación dunha proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, na demanda ao Goberno central para que acometa canto antes os cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da Covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica.
O PPdeG salienta que o novo centro de saúde de Arcade en Soutomaior amosa o compromiso da Xunta coa mellora da sanidade neste concello
Santiago, 29 de abril de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe o compromiso do Goberno galego coa mellora da atención sanitaria en Soutomaior, que se traduce na futura construción dun novo centro de saúde en Arcade, unha vez o Concello remate os trámites para ceder unha parcela que xa foi inspeccionada polos técnicos de sanidade e que cumpre con todos os requisitos, tanto de amplitude como de dotacións municipais e de servizos.