Santiago, 7 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ao Concello de Ares que realice, á maior brevidade de tempo posible, a obra de acondicionamento da parcela prevista para a ampliación do CPI As Mirandas. Unha vez realizada á cesión destes terreos, a Xunta licitará, proxectará, contratará e iniciará esta obra de maneira prioritaria, coa finalidade de dispoñer das novas instalacións educativas o antes posible.
O Parlamento galego pide a elaboración dun plan que continúe apoiando aos creadores culturais
Santiago, 7 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar prestando apoio aos creadores e creadoras culturais mediante a elaboración dun plan que afonde neste ámbito.
O Grupo Popular apoia no Parlamento que a Xunta e o Concello de Ribeira colaboren na investigación e rehabilitación do Porto da Covasa
Santiago, 7 de maio de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Ribeira na investigación do peira da Covasa en Aguiño e na súa posterior rehabilitación e posta en valor.
O Grupo Popular apunta que a falta de demanda motiva que Redondela non dispoña de bacharelato de Artes
Santiago, 7 de maio de 2021.- A deputada popular Felisa Rodríguez Carrera explicou hoxe no Parlamento galego que “a falta dunha demanda suficiente é a causa pola que Redondela non dispón de bacharelato de artes” e asegurou que “a Xunta está a ofertar as prazas suficientes para estes alumnos en institutos próximos á vila”.
O Grupo Popular asegura que o compromiso da Xunta coa cidade de Santiago vai moito máis alá da partida que recibe pola súa capitalidade
Santiago, 7 de maio de 2021.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz salientou hoxe no Parlamento galego que “o compromiso da Xunta coa cidade de Santiago nos seus orzamentos vai moito máis alá da partida que recibe na súa condición de capitalidade” e cualificou de “sorprendente que o PSdeG demande agora un incremento desta aportación cando entre as 570 emendas que presentou aos estados de gasto dos presupostos da Xunta para 2021 non había ningunha que recollera esta petición”.
O Grupo Popular asegura que a Xunta fai un seguimento do desmantelamento de Elnosa para acreditar que os terreos revertan ao Estado conforme a lei
Santiago, 6 de maio de 2021.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, asegurou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “fai un seguimento da execución do desmantelamento e descontaminación de Elnosa en Pontevedra, con informes periódicos e unha inspección final de comprobación, para acreditar que os terreos que ocupaba esta fábrica revertan ao Estado de acordo dos parámetros que fixa a lei”. Deste xeito, trasladou unha mensaxe de “tranquilidade, que non pasividade”, e solicitou que “baixo ningún concepto se recorra ao alarmismo”.
Celso Delgado denuncia el bloqueo de PSOE y Podemos-Galicia en Común a la tramitación de la Proposición de Ley de transferencia de la AP-9
Dice que el GPP no consentirá el retraso deliberado de los partidos de Sánchez y de Yolanda Díaz, cuyo objetivo final es impedir su aprobación