O Parlamento galego demanda ao Concello de Ares que acondicione a parcela prevista para a ampliación do CPI As Mirandas

Santiago, 7 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ao Concello de Ares que realice, á maior brevidade de tempo posible, a obra de acondicionamento da parcela prevista para a ampliación do CPI As Mirandas. Unha vez realizada á cesión destes terreos, a Xunta licitará, proxectará, contratará e iniciará esta obra de maneira prioritaria, coa finalidade de dispoñer das novas instalacións educativas o antes posible.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que o compromiso da Xunta coa cidade de Santiago vai moito máis alá da partida que recibe pola súa capitalidade

Santiago, 7 de maio de 2021.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz salientou hoxe no Parlamento galego que “o compromiso da Xunta coa cidade de Santiago nos seus orzamentos vai moito máis alá da partida que recibe na súa condición de capitalidade” e cualificou de “sorprendente que o PSdeG demande agora un incremento desta aportación cando entre as 570 emendas que presentou aos estados de gasto dos presupostos da Xunta para 2021 non había ningunha que recollera esta petición”.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que a Xunta fai un seguimento do desmantelamento de Elnosa para acreditar que os terreos revertan ao Estado conforme a lei

Santiago, 6 de maio de 2021.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, asegurou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “fai un seguimento da execución do desmantelamento e descontaminación de Elnosa en Pontevedra, con informes periódicos e unha inspección final de comprobación, para acreditar que os terreos que ocupaba esta fábrica revertan ao Estado de acordo dos parámetros que fixa a lei”. Deste xeito, trasladou unha mensaxe de “tranquilidade, que non pasividade”, e solicitou que “baixo ningún concepto se recorra ao alarmismo”.

Continue reading