O Parlamento galego demanda promover e dinamizar a eólica mariña offshore na costa de Galicia

Santiago, 26 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co PSdeG e co voto en contra do BNG, a través da que se insta á Xunta a promover e dinamizar o sector da eólica mariña offshore, avaliando o asentamento de parques no contorno mariño galego garantindo que non se cause dano ás actividades pesqueiras e a preservación do ecosistema mariño.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a devolución inmediata a Galicia da mensualidade do IVE de 2017

Santiago, 26 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España o cumprimento inmediato da sentencia do Tribunal Supremo e, en consecuencia, que faga efectiva a compensación á Comunidade galega da mensualidade do IVE correspondente a novembro de 2017, xunto cos intereses legais correspondentes. Así mesmo, pídese que se dea solución á débeda con Galicia de 170 millóns de euros en concepto de incentivos polo seu bo desempeño fiscal en 2017 e 2018. Para iso, solicítase a convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira para consensuar unha solución inmediata e articular a maneira na que o Goberno central compense o antes posible ás comunidades autónomas o IVE pendente de 2017.

Seguir leyendo