Os populares manifestan que a finalidade da transferencia a Galicia é conseguir que se preste un mellor servizo á Comunidade e aos galegos
O Parlamento galego apoia o levantamento do embargo a Cuba e a dotación de xiringas para a vacinación contra a Covid-19
Santiago, 16 de xuño de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se amosa o apoio ao levantamento do embargo político, económico, comercial e financeiro que o Goberno dos Estados Unidos mantén contra Cuba, ao tempo que se apoia a campaña de solidariedade internacional destinada á adquisición de xiringas para vacinación contra a Covid-19.
O PPdeG salienta que a Xunta dotará este ano de salas Gesell ás sete sedes xudiciais das cidades galegas
Santiago, 16 de xuño de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que o Goberno galego está a acometer de xeito paulatino ao longo do presente ano a instalación de salas Gesell nas sete sedes xudiciais das cidades galegas, onde se atopan as subdireccións do Imelga, para cuxa dotación existe un orzamento específico de 150.000 euros.
Feijóo entrega 6.119 firmas para presidir o PPdeG: “Non me presento polo que fixen, senón polo que queda por conseguir”
Reivindica un modelo de “política á galega”, que defende o país e que busca resolver os problemas dos cidadáns e mellorar Galicia
O Grupo Popular leva ao vindeiro Pleno o debate de totalidade da proposición de lei de violencia de xénero dixital
Santiago, 15 de xuño de 2021.- O Grupo Popular introduciu na orde do día do Pleno do Parlamento galego da vindeira semana a toma en consideración da proposición de lei para o recoñecemento da violencia de xénero dixital. Así mesmo, demandará ao Goberno central, a través de sendas proposicións non de lei, que respecte os pactos sucesorios en vida recoñecidos no Dereito Civil galego e que abandone a súa intención de instalar proxectos eólicos fóra das áreas definidas no Plan Sectorial Eólico vixente en Galicia.