Indica que o obxectivo dos populares é que a Comunidade creza e incide no seu compromiso co emprego, coa industria e coa reactivación económica
A Comisión de Reactivación aproba o ditame, coa incorporación de 46 transaccións cos grupos da oposición
Santiago, 29 de xuño de 2021.- A Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19 aprobou esta mañá o ditame, coa incorporación de 46 emendas dos grupos da oposición. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou que “seguiremos coa man tendida para chegar a acordos ata a votación definitiva en sesión plenaria” e salientou que o fondo de consenso de 115 millóns de euros “permitirá reforzar as conclusións do propio ditame, permitindo que o 24 por cento do mesmo sexa administrado polos propios concellos”.
Utilización da figura do indulto co fins partidistas e demanda ao Goberno de respecto ás decisións dos xuíces
Iniciativa obre a postura do Parlamento respecto da utilización da figura do indulto con fins partidistas e a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España de respecto ás decisións dos xuíces para non utilizar con fins partidistas a figura do indulto
Prezos de referencia dos parque eólicos instalados en Galicia
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prezos de referencia dos parques eólicos instalados en Galicia