Santiago, 1 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se expresa o respaldo absoluto á Constitución, o Estatuto de Autonomía e ao resto do ordenamento xurídico como garantes do estado de dereito e da democracia no noso país; se apoia o labor que realizan os diferentes tribunais de xustiza, con especial mención ao Tribunal Supremo; e se insta ao Goberno de España a respectar as decisións dos xuíces, non utilizando a figura do indulto con fins partidistas, para beneficiar a aqueles que vulneraron a Constitución e cometeron múltiples delitos nos que, como manifestaron publicamente, pretenden reincidir.
O Grupo Popular critica que o BNG “utilice a memoria histórica para poñer en dúbida as institucións, a calidade democrática e a transición”
Santiago, 1 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que o BNG “utilice as políticas de memoria histórica como ferramenta partidista para poñer en dúbida a lexitimidade democrática das institucións, para cuestionar a calidade democrática ou para deslexitimar o proceso de transición democrática”.
Aprobado en comisión o ditame da proposición de lei para garantir a igualdade real no ámbito universitario e da investigación
Santiago, 1 de xullo de 2021.- A Comisión 5ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame da proposición de lei para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, quedando pendente da súa aprobación definitiva en Pleno para a súa entrada en vigor.
Actuacións para a defensa do sector marisqueiro galego
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a defensa do sector marisqueiro
A Comisión 5ª aproba o ditame da proposición de lei que recoñece a violencia vicaria como violencia de xénero
Santiago, 1 de xullo de 2021.- A Comisión 5ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame da proposición de lei de reforma da Lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero para a inclusión da violencia vicaria como unha nova forma de violencia de xénero.
Reactivación co apoio de todas as administracións do sector das orquestras
Iniciativa sobre a reactivación, co apoio de todas as administracións, do sector das orquestras