Santiago, 7 de setembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, co único voto en contra do PSdeG, a través da que se insiste na demanda ao Goberno central para que dote de carga de traballo ao estaleiro de Navantia na ría de Ferrol e se una ao Pacto de Estado por Ferrol formulado polo Goberno galego.
O PPdeG asegura que os novos transformadores da subestación eléctrica de Padrón mellorarán a potencia e o subministro de luz
Santiago, 7 de setembro de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento galego que a substitución dos transformadores da subestación eléctrica de Padrón facilitarán un incremento da potencia e unha mellor calidade de subministro de electricidade aos veciños desta vila.
O Parlamento solicita frear a proposta de prohibir as subvencións á compra de combustible pola frota pesqueira
Santiago, 7 de setembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central unha defensa pechada ante a Unión Europea e a Organización Mundial do Comercio para frear a proposta de prohibir as subvencións á compra ou a cubrir os gastos de combustible da frota pesqueira.
O Grupo Popular demandará no Pleno a convocatoria dunha proba extraordinaria de MIR e reformas estruturais para baixar o prezo da luz
Santiago, 7 de setembro de 2021.- O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno da vindeira semana a convocatoria dunha proba de acceso MIR de forma extraordinaria que palíe a falta de profesionais sanitarios que impide cubrir as vacantes nos centros de atención primaria; e a posta en marcha de medidas e reformas estruturais para abaratar a factura da luz das familias e empresas.
Pedro Puy sitúa como obxectivo nos vindeiros meses impulsar a realización das medidas incluídas no ditame da Comisión de reactivación”
Santiago, 6 de setembro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou hoxe como obxectivo para os vindeiros meses “impulsar a realización das medidas incluídas no ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia”, tendo en conta que o 70 por cento destas accións non recibiron o voto en contra de BNG e PSdeG.