Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a aproveitar o proxecto de novo edificio ambulatorio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para renovar e ampliar os espazos asociativos deste centro sanitario, incluíndo no proxecto deste novo edificio espazos de uso común para as actividades das asociacións de pacientes.
O Parlamento galego demanda a reactivación do programa de coidados porta a porta no rural galego
Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia demandou hoxe á Xunta de Galicia, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, que, na medida que se normalice a situación sanitaria, se reactiven as unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural galego servizos gratuítos como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao alzhéimer, co fin de facerlles a vida máis doada sen ter que desprazarse fóra da contorna.
O PPdeG afirma que o novo centro de saúde de Bouzas abrirá as súas portas nas vindeiras semanas
Santiago, 21 de outubro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou hoxe no Parlamento galego que o novo centro de saúde Bouzas abrirá as súas portas nas vindeiras semanas, “sempre e cando o Concello de Vigo teña a ben tramitar a licenza de primeira ocupación”.
Promoción da contratación colectiva de seguros agrarios na viña
Actuacións para promover a contratación colectiva de seguros agrarios na viña a través das denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas de Galicia