Santiago, 17 de xaneiro de 2022.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se esixe ao Presidente do Goberno de España o cese do ministro de Consumo, Alberto Garzón, e unha rectificación inmediata das súas declaracións, nas que afirmaba que España exportaba carne de mala calidade procedente de animais maltratados.
O Grupo Popular demanda á SAREB que desista da súa intención de desaloxar a 16 familias en Burela
Santiago, 17 de xaneiro de 2022.- A viceportavoz do Grupo Popular, Elena Candia, defendeu hoxe ás 16 familias de Burela ameazadas de desaloxo por parte da SAREB e demandou ao Goberno de España que evite esta actuación da sociedade pública nun inmoble cualificado como de protección autonómica ata o ano 2029. “A solución pasa porque a SAREB reconsidere o seu criterio e permita a prolongación dos contratos de alugueiro”, indicou.