O PPdeG sitúa o traballo realizado polo Issga durante a pandemia como “un factor determinante na boa xestión da Covid-19 en Galicia”

Santiago, 25 de xaneiro de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o traballo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) durante a pandemia, facilitando guías, instrucións e asesoramento técnico sobre o xeito de facer os centros de traballo máis seguros, “foi un factor determinante na boa xestión da Covid-19 en Galicia”.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que a Xunta porá en marcha un novo programa de alugueiro para mobilizar as vivendas que non se atopen en uso

Santiago, 25 de xaneiro de 2022.- A deputada do Grupo Popular Begoña Freire afirmou hoxe no Parlamento galego que, unha vez aprobado polo Goberno central o novo Plan de Vivenda, a Xunta “realizará os axustes necesarios no programa autonómico de mobilización de vivendas para alugueiro que xa tiña elaborado, para poñelo en marcha e mobilizar residencias que actualmente non están en uso”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que a Xunta destina este ano 6 millóns de euros a atención temperá, o orzamento máis alto da súa historia

Santiago, 25 de xaneiro de 2022.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe no Parlamento galego que “a Xunta destinará este ano o maior orzamento da súa historia para atención temperá: 6,2 millóns de euros, o que demostra que a atención aos nenos de 0 a 6 anos con necesidades específicas continúa a ser unha prioridade”.

Seguir leyendo

Pedro Puy reclama ao Goberno de España “unha xestión transparente e sen ningún tipo de cuestionamento” dos fondos europeos

Santiago, 24 de xaneiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “unha oportunidade única para Galicia e para España” a chegada de fondos europeos pola pandemia da Covid-19, polo que considerou necesario facer “un bo uso deste esforzo da Unión Europea” e reclamou ao Goberno de España “unha xestión transparente sen ningún tipo de cuestionamento”.

Seguir leyendo