O Parlamento galego demanda a elaboración dunha nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria

Santiago, 3 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o voto favorable de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a iniciar a elaboración da nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria, co obxectivo de coñecer a súa situación actual para definir as liñas estratéxicas e os obxectivos operativos, coa base da experiencia dos propios voluntarios. “Estamos orgullosos da Galicia que facemos entre todos, pero estamos especialmente orgullosos daqueles que constrúen esa Galicia con espírito altruísta, entregando o mellor de si sen esperar máis premio que a propia satisfacción persoal”, manifestou o portavoz popular de Asuntos Sociais, Alberto Pazos.

Seguir leyendo

O PPdeG incide no compromiso da Xunta coa atención sanitaria en Pantón mantendo o terceiro médico e a construción do novo centro de saúde

Santiago, 3 de febreiro de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, incidiu hoxe no Parlamento galego no compromiso da Xunta de Galicia coa sanidade no concello lucense de Pantón, “que se manifesta co cumprimento da reposición do terceiro médico sen amortizar a praza e coa construción dun novo centro de saúde”.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que o conflito no Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS resolverase cando Inspección Sanitaria se pronuncie sobre a apertura dun posible expediente

Santiago, 3 de febreiro de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a abordar o conflito existente no Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital de Santiago, atendendo ás demandas feitas polo persoal facultativo deste servizo. A deputada popular Marta Rodríguez-Vispo lembrou que a Xunta “mantivo o diálogo desde o primeiro momento con todos os profesionais deste servizo para identificar os problemas e acadar solucións”, pero explicou que esta cuestión “non se resolverá mentres o Servizo de Inspección Sanitaria non se pronuncie respecto á apertura ou non dun expediente”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego insiste na demanda ao Ministerio de Interior de máis efectivos para a Unidade de Policía Adscrita a Galicia

Santiago, 2 de febreiro de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insiste ao Ministerio do Interior para que, a través da Dirección General da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.

Seguir leyendo