Santiago, 3 de febreiro de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, incidiu hoxe no Parlamento galego no compromiso da Xunta de Galicia coa sanidade no concello lucense de Pantón, “que se manifesta co cumprimento da reposición do terceiro médico sen amortizar a praza e coa construción dun novo centro de saúde”.
?Desde o ano 2009 a @Xunta construíu ou reformou 92 centros de saúde, este é o desmantelamento do que vostedes falan,»chegan tarde e son oportunistas porque cúmprese o compromiso dunha terceira praza do centro de saúde de Pantón» @PPdeLugo @EncarnaAmigoSER pic.twitter.com/BlEulrAw01
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) February 3, 2022
Encarna Amigo cualificou a BNG e PSdeG de “oportunistas” ao debater esta mañá no Parlamento galego unha iniciativa sobre a atención sanitaria en Pantón, porque “válelles todo para desprestixiar a sanidade en Galicia”. Neste sentido, salientou que “o propio conselleiro xa anunciou que se poderá un terceiro médico neste concello, que substituirá ao facultativo que se xubilou e que tiña alí a súa praza”.
“Esta praza do médico xubilado non se amortizou, o que pon de manifesto a decisión e o compromiso de continuidade dun terceiro médico en Pantón”, salientou a portavoz popular.
Ademais, lembrou que este concello lucense contará cun novo centro de saúde con espazo para tres médicos.