Presentan unha iniciativa que recolle as demandas dos miles de cidadáns que se desprazan a diario a través do Corredor Atlántico (Vigo-A Coruña) e do Corredor A Coruña-Santiago-Ourense
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e constrúa a nova subestación de Balaídos
Santiago, 27 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que rectifique e inclúa na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e a construción dunha nova subestación no polígono de Balaídos para atender as necesidades de subministro da industria, demostrando así o seu compromiso con esta comarca e a automoción viguesa.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar
Santiago, 27 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.
O Grupo Popular critica que o PSdeG pida á Xunta unha rebaixa do imposto de hidrocarburos cando se trata dun gravame estatal
Santiago, 27 de abril de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe no Parlamento galego que os socialistas “traian a debate iniciativas impracticables”, como a solicitude para que a Xunta rebaixe o imposto de hidrocarburos cando se trata dun gravame estatal. Ademais, afirmou que “a Xunta non se beneficia da variación de prezos nin dos impostos sobre os combustibles, porque toda esa variación queda en mans do Estado”.
O Grupo Popular salienta que BNG e PSdeG “levan 13 anos buscando un escándalo no Goberno galego que non aparece”
Santiago, 27 de abril de 2022.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento galego que BNG e PSdeG “levan 13 anos buscando un escándalo no Goberno galego que non aparece, o que demostra que estamos ante un Goberno honrado e unha oposición incompetente, máis preocupada na política de enlamar o debate que en poñer en marcha medidas para o desenvolvemento económico e social de Galicia”.