Alfonso Rueda presidiu esta tarde a xunta directiva provincial
Prado reivindica ao PPdeG como o partido das cidades e asegura que contarán cos sete mellores candidatos en cada unha delas
Indica que os alcaldes e alcaldesas actuais das urbes “teñen o 28 de maio de 2023 a súa data de caducidade” e engade que os populares “saímos a gañar”
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a que destine fondos europeos para a construción do gasoducto Guitiriz-Zamora
Santiago, 8 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada co Grupo Socialista e que non contou co apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno central que promova o financiamento con fondos europeos a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora para impulsar no medio e longo prazo o transporte de gases renovables e de hidróxeno, de acordo cos escenarios do Plan nacional de enerxía e clima 2021-2030. Así mesmo, pídese, no actual contexto europeo, o desenvolvemento da terceira interconexión con Portugal, garantindo a integración de todos os territorios da península ibérica.
Demanda ao Goberno central para que asuma o compromiso de garantir a interconexión enerxética de todos os territorios
Demanda para que o Goberno de España asuma o compromiso da garantir a interconexión enerxética de todos os territorios
Colaboración dos concellos con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa nos peiraos dos seus municipios
Colaboración dos concellos con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa nos peiraos dos seus municipios
Demanda da posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar e inspeccionar os restos do buque afundido «Villa de Pitanxo»
Demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar e inspeccionar os restos do buque afundido «Villa de Pitanxo»
Balseiro anima ao BNG a romper os seus pactos de goberno co PSdeG “se non conseguen o compromiso da apertura do dique de Morás ou a autovía da Mariña”
Santiago, 8 de xuño de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro animou hoxe no Parlamento galego aos deputados do BNG a romper os pactos de goberno que teñen na provincia de Lugo co PSdeG “se non conseguen o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez para a apertura do dique norte de Morás e a autovía da Mariña”.
O Grupo Popular salienta que as axudas ao comercio galego superan por primeira vez este ano os 3 millóns de euros, ao incrementarse o 10%
Santiago, 8 de xuño de 2022.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz salientou hoxe no Parlamento galego que as axudas da Xunta ao sector asociativo do comercio de proximidade galego se incrementan esta ano un 10 por cento, superando por primeira vez os tres millóns de euros.