O Parlamento galego demanda ao Goberno central a que destine fondos europeos para a construción do gasoducto Guitiriz-Zamora

Santiago, 8 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada co Grupo Socialista e que non contou co apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno central que promova o financiamento con fondos europeos a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora para impulsar no medio e longo prazo o transporte de gases renovables e de hidróxeno, de acordo cos escenarios do Plan nacional de enerxía e clima 2021-2030. Así mesmo, pídese, no actual contexto europeo, o desenvolvemento da terceira interconexión con Portugal, garantindo a integración de todos os territorios da península ibérica.

Seguir leyendo

Balseiro anima ao BNG a romper os seus pactos de goberno co PSdeG “se non conseguen o compromiso da apertura do dique de Morás ou a autovía da Mariña”

Santiago, 8 de xuño de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro animou hoxe no Parlamento galego aos deputados do BNG a romper os pactos de goberno que teñen na provincia de Lugo co PSdeG “se non conseguen o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez para a apertura do dique norte de Morás e a autovía da Mariña”.

Seguir leyendo