Santiago, 17 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a emprender todas aquelas actuacións que permitan potenciar o control da prohibición da venda a perdas mediante os mecanismos correspondentes, como o desenvolvemento e a posta en funcionamento das actuacións do observatorio de prezos e a unidade que se encargará da información e control alimentarios en Galicia.
O Grupo Popular critica o “cinismo” de BNG e PSdeG, que votaron en contra da Lei de impulso demográfico e agora piden o seu cumprimento
Santiago, 17 de xuño de 2022.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias criticou hoxe o “cinismo” de BNG e PSdeG porque “votaron en contra da Lei de impulso demográfico e agora piden o cumprimento da mesma”. Así mesmo, demandoulles que “se de verdade queren contribuír a mellorar as condicións de vida no rural e o asentamento de poboación veñan con propostas serias e deixen a demagoxia”.
O PPdeG insta ao Goberno central a transferir o antes posible á Xunta todas as competencias en materia de dominio público marítimo-terrestre
Os populares presentarán unha moción nos 82 concellos costeiros galegos para que “o noso litoral deixe de dirixirse desde un despacho de Madrid”