Os populares demandan cambiar o sistema de elección de prazas MIR e actualizar o de acreditación de prazas, así como a creación da especialidade de Urxencias
O PPdeG critica que as condicións establecidas polo Goberno central para o bono alugueiro de menores de 35 anos deixarán fora a beneficiarios que cumpran os requisitos
Santiago, 22 de xuño de 2022.- O portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Adrián Pardo, criticou hoxe no Parlamento galego que as condicións establecidas polo Goberno central para acceder ao bono alugueiro para menores de 35 anos “impedirán acceder ao mesmo a persoas que cumpran os requisitos pero que estean compartindo vivenda con outras que non o fan, aínda que cada unha faga fronte ao pago da parte que lle corresponde do alugueiro”.
O Parlamento demanda promover a formación dos corpos e forzas de seguridade en materia de xogo
Santiago, 22 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover, a través da Academia Galega de Seguridade, cursos ou xornadas en materia de inspección do xogo dirixidas ao persoal dos corpos e forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e Unidade de Policía Adscrita) para facilitarlles as tarefas de inspección e control dos establecementos de xogo e das máquinas e aparellos de xogo aos efectos de comprobar o debido cumprimento da normativa existente.
O Parlamento pide ao Goberno central que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo para abastecer a Vigo e o sur de Pontevedra
Santiago, 22 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo ao río Oitavén, por estar acreditada como unha medida cun alto impacto e completamente ineficaz para garantir o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.
Impulso de formación en materia de inspección do xogo ao persoal dos corpor e forzas de seguridade
Impulso a través da Academia Galega de Seguridade, de cursos ou xornadas en materia de inspección do xogo, dirixidas ao persoal dos corpos e forzas de seguridade