
7 de novembro de 2022. O Grupo Popular demandará no Pleno do Parlamento de Galicia desta semana que o Goberno central, logo do decepcionante resultado do cumio hispano-portugués celebrado o pasado venres, avance de xeito inequívoco na modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-Fronteira portuguesa, incluíndo partidas económicas nos presupostos do Estado para 2023. Pola súa banda, os senadores do Partido Popular na Comisión de Infraestruturas avanzaron a presentación dunha iniciativa na Cámara Alta solicitando proxectos e obras fundamentais no corredor Atlántico ferroviario.




