O Grupo Popular no Parlamento galego e no Senado defenderán iniciativas reclamando obras no Corredor Atlántico ferroviario

7 de novembro de 2022. O Grupo Popular demandará no Pleno do Parlamento de Galicia desta semana que o Goberno central, logo do decepcionante resultado do cumio hispano-portugués celebrado o pasado venres, avance de xeito inequívoco na modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-Fronteira portuguesa, incluíndo partidas económicas nos presupostos do Estado para 2023. Pola súa banda, os senadores do Partido Popular na Comisión de Infraestruturas avanzaron a presentación dunha iniciativa na Cámara Alta solicitando proxectos e obras fundamentais no corredor Atlántico ferroviario.

Continue reading

O Partido Popular presentará unha moción no Senado para esixir ao Goberno central “proxectos, orzamentos e obras fundamentais” no Corredor Atlántico

7, novembro, 2022. O Grupo Parlamentario Popular no Senado presentará proximamente unha moción na Cámara Alta para demandar ao Goberno central a inclusión do noroeste peninsular no mapa de autopistas ferroviarias, a creación dun plan estratéxico do Corredor Atlántico e o nomeamento do comisionado: “Esixiremos proxectos, iniciativas, orzamentos e obras que son fundamentais. O Partido Popular quere ofrecer solucións, a diferenza do Goberno de España actual”.

Continue reading

Rueda reivindica os Orzamentos da Xunta, “pensados para encarar o que vén por diante e para axudar a quen máis o vai necesitar”, fronte á “propaganda” do Goberno central

7, novembro, 2022. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou onte no IV Magosto do PP de Lalín, con máis de 1.500 asistentes e acompañado polo presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, polo alcalde de Lalín, José Crespo e por Román Rodríguez. Alí non dubidou en agradecer ao milleiro de asistentes a súa asistencia: “Se non hai partido, non hai nada, e non habería equipo sen todos os que estades aquí facendo forza e animándonos a seguir traballando”.

Continue reading

Marta Fernández-Tapias: “O Goberno central segue sen cumprir con Vigo e Caballero prioriza a defensa de Sánchez e do PSOE por riba de Vigo e dos intereses dos vigueses”

7, novembro, 2022. A presidenta local do PP de Vigo e candidata á alcaldía considera que o cumio hispano-lusocelebrado o pasado venres en Viana do Castelo foi “unha absoluta decepción” porque “Pedro Sánchez desbotou outra oportunidade de ouro para comprometerse con prazos, certezas e investimentos coa conexión de alta velocidade Vigo-Oporto”.

Continue reading

Os deputados lucenses do PP urxen ao Goberno a presentar o recurso contra o veto á pesca de fondo

7, novembro, 2022. O PP da provincia de Lugo traslada o seu apoio ao sector pesqueiro lucense que se está a ver moi afectado polo vento á pesca de fondo por parte da Comisión Europea en 87 áreas do Atlántico nororiental. Nese sentido, os populares urxen ao Goberno de Pedro Sánchez a presentar canto antes o recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea “recollendo as aportacións do sector e das Comunidades Autónomas afectadas para enriquecer e fortalecer os seus argumentos”.

Continue reading