O Grupo Popular acusa ao BNG de “facer o paripé” na súa defensa do sector pesqueiro ao manterse no grupo dos Verdes en Europa, ao que pertence o comisario que vetou ás artes de fondo

22 de novembro de 2022. A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, acusou hoxe ao BNG de “facer o paripé na súa defensa do sector pesqueiro das artes de fondo porque se manteñen como socios en Bruxelas do grupo dos Verdes, ao que pertence o comisario europeo que vetou ás artes de fondo”. “Ese ecoloxismo radical é o que está en contra da pesca galega, en contra da nosa idiosincrasia”, apuntou.

Seguir leyendo

O Grupo Popular considera “paradóxico que o BNG da pancarta e os do non á industria veña ao Parlamento a pedir un pacto pola industria”

22 de novembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Nóvoa, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “resulta paradóxico que o BNG da pancarta e os do non á industria veñan aquí a pedir un pacto pola industria”. Neste sentido, asegurou que “non compartimos a súa estratexia de bloquear calquera alternativa industrial que supoña crecemento, riqueza e emprego que non cumpra cos seus criterios, o que lles leva incluso a pedir o peche de empresas”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego aproba a lei que ratifica a retribución extraordinaria aos empregados públicos para facer fronte á suba da inflación

22 de novembro de 2022. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a lei pola que se ratifica a retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público de Galicia para facer fronte á suba da inflación. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou “unha medida xusta que a Xunta aplicará con esforzo”, xa que será o Goberno galego quen faga fronte aos 78,4 millóns de euros que supón a aplicación desta suba.

Seguir leyendo

O Grupo Popular afirma que a Xunta levará ao Consello Forestal o libro branco para modificar a Lei de montes veciñais no primeiro trimestre de 2023

22 de novembro de 2022. A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta está a traballar no borrador do Libro Blanco que recolle o novo marco normativo dos montes veciñais en man común, un documento que será trasladado ao Consello Forestal de Galicia no primeiro trimestre de 2023 para a súa valoración.

Seguir leyendo