19 de decembro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2023, que mañá serán aprobados polo Pleno do Parlamento galego, “contribuirán a facer que na situación actual, na que o máis significativo é a perda de poder adquisitivo que xera a inflación, a cidadanía teña un maior apoio por parte do sector público autonómico”.
Rueda: “A única vía para gañar ás coalicións de perdedores nas eleccións municipais é obter unha maioría absoluta do Partido Popular”
O presidente do Partido Popular de Galicia afirmou onte no Congreso do PP de Lalín que “entre a elección de gobernos unidos ou gobernos de coalición de perdedores, a única alternativa para gañar nas municipais é obter unha maioría absoluta do Partido Popular”.