Os populares denuncian que os usuarios da AP-53 son os únicos no conxunto de España que non gozan de bonificación ou desconto por viaxes recorrentes ou uso frecuente.
O PPdeG demanda a mellora urxente da N-120 e a reactivación do proxecto da autovía A-76
14 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia demanda ao Goberno central a mellora integral da N-120 para reducir os riscos de seguridade viaria e a súa falta de funcionalidade, así como a reactivación das obras de construción e posta en servizo da A-76 por considerar que o seu atraso está provocando a perda de competitividade e o agravamento dos problemas demográficos da Comunidade.
O PPdeG levará ao Parlamento a petición de que Sánchez cese á secretaria de Estado de Igualdade: “Reducir penas e liberar agresores sexuais non é un chiste”
13 de xaneiro de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia anunciou hoxe en rolda de prensa que a súa formación levará ao Parlamento galego unha petición para que Pedro Sánchez cese á ministra e á secretaria de Estado de Igualdade e modifique “canto antes” a Lei do ‘só si é si’. “Debemos dicir ‘basta xa’ e deixar de branquear as decisións dun Goberno que hai moito tempo que perdeu o rumbo da igualdade real e da loita contra a violencia de xénero”, afirmou ao respecto.
O PP acusa a Sánchez de poñer palos nas rodas ao sector gandeiro e considera «incomprensible» que a baixada do IVE non se aplique á carne
11 de xaneiro de 2023. Durante a visita realizada a unha explotación gandeira xunto á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, gandeiros e representantes do PP na provincia, o vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do Partido Popular alertou da difícil situación do sector gandeiro polo prezo dos fertilizantes, os pensos, o combustible e a desprotección dos gandeiros ante o lobo. Lembrando que se Pedro Sánchez quere que o PP apoie o decreto anticrise do Goberno debe aplicar a baixada do IVE á carne, o peixe e as conservas porque “para as familias chegar a fin de mes é un auténtico suplicio”.
Os deputados galegos do PP esixen “certeza” e “compromiso” do Goberno central cos prazos de chegada dos trens de alta velocidade a toda Galicia
11 de xaneiro de 2023. Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso veñen de rexistrar unha pregunta dirixida ao Goberno para que concrete a data exacta do 2023 na que está previsto que os trens Avril, de alta velocidade, comecen a prestar servizos comerciais na liña de alta velocidade Madrid-Galicia.
Pedro Puy confía que a sucesión de procesos electorais “non afecte ao desenvolvemento do traballo dos poderes públicos”
9 de xaneiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por “seguir traballando polos temas que importan” aos galegos neste novo período de sesións, “desde un debate racional e ordenado, baseado no respecto, no contraste de ideas e políticas, fundamental para a convivencia e o progreso económico”.
Inclusión dos produtos do mar na rebaixa do IVE como alimento básico e de primeira necesidade
Solicitude ao Goberno de España para que rectifique a decisión de excluír ao produtos do mar da rebaixa do IVE, de tal xeito que se lles aplique o mesmo tratamento fiscal que a outros alimentos básicos e de primeira necesidade, como medida de apoio para as familias con rendas baixas ou en situación de vulnerabilidade, para fomentar o consumo saudable e como iniciativa de apoio tamén a conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro.
Demanda dunha alternativa ao Perte do téxtil para garantir investimentos estratéxicos
Demanda ao Goberno central unha alternativa ao Perte do téxtil -aparcado sen explicación e pese á vontade do sector-, capaz de garantir investimentos estratéxicos tanto para a industria de Galicia como para o conxunto da economía galega
O PPdeG denuncia o “agravio económico” que supón para Galicia a negativa do Goberno a facilitar fondos europeos á industria téxtil
7 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia cualifica de “novo agravio económico de Pedro Sánchez á Comunidade” a negativa do Goberno central a crear un Perte específico para a industria téxtil e denuncia que o único que se ofreza a cambio sexan “máis palabras bonitas que realidades das que poida dispoñer a industria galega para afrontar os grandes desafíos que ten por diante”.
O PPdeG lamenta que o Goberno central excluíra ao peixe da rebaixa do IVE e denuncia as limitacións das axudas ao combustible
4 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia volve lamentar que o Goberno central non atendera as súas peticións para incluír ao peixe na rebaixa do IVE e que as axudas ao combustible sexan tan limitadas que “non van dar resposta ás expectativas que ten o sector”.