7 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o BNG “pretenda que Galicia cree e financie un fondo de rescate hipotecario cando se trata dunha medida de competencia estatal”.
O PPdeG pide aos socialistas que implanten nos concellos onde gobernan a gratuidade do transporte urbano para menores de 21 anos
7 de febreiro de 2023. O portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Adrián Pardo, considerou hoxe no Pleno do Parlamento “incrible que os socialistas veñan a pedirlle á Xunta incrementar a idade para acceder á gratuidade no transporte público da súa competencia, cando nos concellos onde gobernan non aplican a gratuidade aos menores de 21 anos no transporte urbano”.
O Grupo Popular salienta que Galicia ocupa o primeiro posto a nivel estatal no grao de emancipación da mocidade entre 25 e 29 anos
7 de febreiro de 2023. O portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Adrián Pardo, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego a mellora do grao de emancipación da mocidade galega vivida nos últimos anos, situándose no primeiro posto a nivel estatal entre o grupo de 25 a 29 anos.
O PPdeG resume a política industrial do BNG en manifestarse pedindo o peche dunha empresa e volver manifestarse esixindo solucións para os traballadores desa empresa que queren pechar
7 de febreiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, explicou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a política industrial do BNG “consiste en encabezar calquera manifestación que pida o peche dunha empresa, para despois encabezar a manifestación esixindo solucións para os traballadores da empresa que queren pechar”.
O Grupo Popular salienta que “todos os datos avalan a xestión que se fai da CRTVG, que conta co respaldo maioritario da audiencia galega”
7 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “todos os datos avalan a xestión que se está a facer da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, que conta co respaldo maioritario da audiencia galega”.