O PPdeG pide aos socialistas que implanten nos concellos onde gobernan a gratuidade do transporte urbano para menores de 21 anos

7 de febreiro de 2023. O portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Adrián Pardo, considerou hoxe no Pleno do Parlamento “incrible que os socialistas veñan a pedirlle á Xunta incrementar a idade para acceder á gratuidade no transporte público da súa competencia, cando nos concellos onde gobernan non aplican a gratuidade aos menores de 21 anos no transporte urbano”.

Continue reading

O PPdeG resume a política industrial do BNG en manifestarse pedindo o peche dunha empresa e volver manifestarse esixindo solucións para os traballadores desa empresa que queren pechar

7 de febreiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, explicou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a política industrial do BNG “consiste en encabezar calquera manifestación que pida o peche dunha empresa, para despois encabezar a manifestación esixindo solucións para os traballadores da empresa que queren pechar”.

Continue reading