O Parlamento pide o cese da ministra e a secretaria de Estado de Igualdade polas declaracións sobre as rebaixas de penas e excarceracións a agresores sexuais beneficiados pola Lei do só sí é si

8 de febreiro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e do PSdeG, a través da que se pide o cese inmediato da ministra de Igualdade e da secretaria de Estado de Igualdade polas irresponsables e indignas declaracións efectuadas sobre as rebaixas de penas e a excarceración de agresores sexuais beneficiados pola Lei do só si é si, así como pola súa obcecada inacción lexislativa para protexer ás mulleres.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que a Xunta destinará este ano máis de 65 millóns de euros para fomentar o emprendemento

8 de febreiro de 2023. A portavoz de Emprego do Grupo Popular, Noelia Pérez, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta destinará este ano máis de 65 millóns de euros para fomentar o emprendemento. “Seguiremos apoiando a estes traballadores que ven como se incrementan os seus custes sen ter marxe para repercutilos no prezo final dos seus produtos ou que se xogan o seu patrimonio por xerar emprego e actividade económica en Galicia”, apuntou.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno de España que modifique a lexislación para que os médicos de familia e pediatras de atención primaria poidan acollerse á xubilación activa ata os 72 anos

8 de febreiro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España o impulso das modificacións legais oportunas para permitir que o novo réxime de xubilación activa mellorada pera médicos de familia e pediatras de atención primaria poida aplicarse a estes profesionais ata os 72 anos de idade.

Seguir leyendo