24 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique lamentou que os socialistas “deixaran pasar hoxe a oportunidade para que desde o Parlamento galego se pedira á Xunta que elaborara unha análise sobre a demanda para cursar ensinanzas profesionais de danza en Galicia, a fin de valorar a necesidade de apertura dun novo Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela”.
O PPdeG reitera no Parlamento o compromiso da Xunta co pavillón deportivo do IES Ferrol Vello e urxe ao Concello a cesión dos terreos necesarios
24 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Felisa Rodríguez reiterou hoxe no Parlamento de Galicia “o compromiso da Xunta de construír un novo pavillón para a práctica deportiva no instituto Ferrol Vello”, para o que urxiu ao Concello a poñer a disposición da Consellería a parcela necesaria para esta nova instalación.
O Parlamento galego solicita impulsar o recoñecemento da docencia innovadora entre os graos universitarios de Galicia
24 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar o recoñecemento da docencia innovadora entre os graos universitarios do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o que se terán en conta criterios como a estratexia e resultado do grao, o itinerario formativo, o deseño da aprendizaxe, o profesorado, a avaliación formativa e a empregabilidade da titulación universitaria.
O Parlamento galego pide a difusión das medidas para evitar a transmisión da gripe aviaria nas explotacións galegas
24 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a que mediante comunicados ou calquera medio de difusión traslade aos titulares das explotacións avícolas as medidas a adoptar nas súas explotacións de cara a evitar a transmisión e o posible incremento de focos de gripe aviaria na Comunidade galega.
Paula Prado: “O 28 de maio os galegos terán a oportunidade de protagonizar a verdadeira e máis importante moción de censura a Pedro Sánchez”
24 de marzo de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que as eleccións do 28 de maio serán “a verdadeira e máis importante moción de censura a Pedro Sánchez”. Uns comicios que cualificou ademais como “a oportunidade para que os galegos e as galegas marquen o camiño de saída ao Goberno e poidan dicir si ao Partido Popular e ás súas políticas de estabilidade, solvencia e experiencia”.
O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa no Estatuto da muller rural e do mar, que se integrará na nova Lei de igualdade de Galicia
21 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “a Xunta traballa na actualidade no desenvolvemento do Estatuto da muller rural e do mar en Galicia, que será integrado na nova Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia para darlle ese rango de norma superior e un maior amparo legal ao colectivo”.
O Parlamento galego pide á Xunta impulsar todas as accións precisas para retomar a actividade e o emprego do grupo de empresas Ganomagoga
21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a impulsar todas cantas actuacións sexan precisas para retomar a actividade e o emprego do Grupo de empresas Ganomagoga, a comezar, de xeito urxente, por reunirse con todas as partes afectadas, nomeadamente coa representación do seu cadro de persoal, e por solicitar formalmente a incorporación da Xunta de Galicia á mesa ou mesas de negociación dos EREs anunciados.
O Parlamento galego pide ao Goberno central que inicie a reconstrución simultánea dos viadutos do Castro na A-6
21 de marzo de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno central que inicie a reconstrución do viaduto do Castro en ambos os sentidos de xeito simultáneo, co fin de restablecer o antes posible a circulación polo viaduto do Castro da A-6.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese ao apoio de todo o sector
21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese á vontade de todo o sector, capaz de garantir investimentos estratéxicos tanto para a industria de Galicia como para o conxunto da economía galega.